Chocolate contra a supresión de postos de traballo

CC.OO. xunto ás organizacións sindicais CSIF, UXT e Sindicato Libre de Correos, teñen convocada para mañá unha nova concentración contra a supresión de tres postos de traballo na cartería (dous de carteiro e un de moto) cuxa aplicación comeza mañá mesmo.

As organizacións sindicais que levan facendo concentracións desde o pasado xoves 22 de febreiro, poñerán un punto e seguido ás mobilizacións cunha chocolatada, animando a traballadores/ as e cidadanía a que asistan e clamen contra un recorte inxusto de persoal que vai deteriorar aínda máis a calidade do servizo prestado aos cidadáns en Lugo capital con demoras na entrega e que precariza as condicións laborais do persoal sobrecargándoles de traballo, en canto a peso e percorridos inasumibles diariamente.

Ángel Blas Burgo López, Secretario de CC.OO.-Correos Lugo, fixo fincapé que CC.OO. xunto co resto das organizacións sindicais convocantes non descartan nos próximos días adoptar outro tipo de accións mobilizadoras se a empresa continúa coa súa imposición de recorte de emprego na cartería de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo