Cidadáns denuncia que os 13 policías locais do turno de noite atopábanse na cafetería do Hula esta madrugada

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, afirmou hoxe que o seu grupo quere que todos os traballadores do Concello, incluídos os policías locais, estean ben pagados pero que, ao mesmo tempo, todos cumpran co seu deber e a súa labor. Estas afirmacións veñen acompañadas pola denuncia que fai a agrupación municipal ante o feito de que os efectivos da Policía Local que estaban en turno de noite se atoparan, segundo asegura Louzao, a pasada madrugada na cafetería do Hula en lugar de patrullar as rúas.

Louzao afirmou que a súa agrupación quere que todos os traballadores teñan “un salario axeitado e acorde ao seu cometido”, pero que tamén buscan “un corpo da Policía Local do que Lugo poida presumir”. A voceira de Cidadáns quixo resaltar as continuas queixas dos cidadáns pola falta de policías na rúa, “pola deixación nas súas funcións e polo incumprimento das súas obrigas”.

Neste senso, Louzao indicou que entende que a cidadanía se queixe cando a pasada madrugada os 13 axentes que estaban de servizo no turno de noite se atopasen na cafetería do Hula no canto de estar velando pola seguridade dos cidadáns.

Pregunta Cidadáns que facía a totalidade dos policías locais que había de servizo nesta cafetería. Asemade, a agrupación quere saber se os superiores xerárquicos destes axentes ou a alcaldesa de Lugo, déronlles autorización para estar alí.

Louzao denuncian que non é un caso illado, senó que é habitual ver a axentes da Policía Local na cafetería do Hula ou incluso, noutras cafeterías de Lugo co coche patrulla aparcado de calquera maneira e lembra a campaña que comezou o Goberno Local en materia de tráfico, aparca con xeito.

Novas relacionadas

  1. Feinmann
    Feb 18, 2017 - 12:51 PM

    Los periodistas ya no hacen preguntas ¿verdad? porque quedan muchas preguntas que podrian habre sido planteadas al portavoz de Cudadanos y que no aparecen respondidas en el artículo.
    ¿estaban todos los policías o quedó alguno en el cuartel, atendiendo el telefono?
    ¿durante cuanto tiempo lo hacen?
    ¿lo hacen todos los días, a la misma hora y en el mismo sitio? podría crear un problema de seguridad.
    ¿llevan la radio consigo, y la atienden en caso de llamada?

    señores periodistas ¡hagan su trabajo!

    Reply
  2. santaklaus
    Feb 17, 2017 - 11:34 AM

    Los políticos también deben velar por el bienestar de los ciudadanos, pero solo velan por el suyo. Acaban de aprobar el CETA, el tratado comercial que va en contra de la seguridad alimenticia. Han sido los del PP y los del PSOE. No veo que eso os moleste y sin embargo la actuación de los políticos es como la de estos policías. Pero a los corruptos hay que respetarlos ¿no?.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com