" />

A CIG denuncia que a Consellería de Traballo incumple o acordo de xubilacións parciais

Unha vez máis a Consellería que dirixe Beatriz Mato está a incumplir un pacto cos sindicatos. Segundo a CIG, Función Pública di descoñecer unha circular da secretaría xeral técnica de dita Consellería, segundo o sindicato nacionalista, “esta decisión da Consellaría altera substancialmente o previsto nas instrucións para o acceso á xubilación parcial anticipada e contrato de remuda, xa que anula o caracter negociador das partes obrigadas, xubilado/a e administración, de chegaren a un acordo sobre a redución de xornada e a forma de acumulala”.

Función Pública é descoñecedora desta circular e pon moito énfase no caracter negociador das partes para chegar a un acordo de redución da xornada e que, polo que sabe, en todos os expedientes tramitados foi aceptada a vontade do/a xubilado. Función pública falará con Traballo para exixir o caracter negociador ao que están obrigadas as partes.

O sindicato contempla a posibilidade de ir a vía xudicial se isto non se amaña. “Anunciamos que se Traballo nega sistematicamente a posibilidade de chegar ao máximo da xubilación parcial, o 75%, estariamos diante dun incumprimento substancial do acordo que posibilitaría a vía xudial de conflicto colectivo.

Por outra banda, a CIG tamén denuncia “o incumprimento da instrución cuarta punto 2, no suposto de renuncia do remudista, na que o proceso de selección do seu substituto, pola vía de urxencia, ten que ser directamento polo servizo galego de colocación. O caso é que o servizo de colocación envía unha terna de candidatos/as e a xefatura territorial decide a quen contratar, xa que a oficina de emprego fai unha preselección e a xefatura a selección definitiva”.

A confederación sindical tamén di “Función pública descoñece a posibilidade de pedir a selección ao servizo de colocación, polo que lle propoñemos que se informe e que no caso de que a oficina de emprego non poida facer a selección directa e sí unha preselección, entón que se decida que a persoa a contratar deberá ser a primeira da terna preseleccionada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo