" />

Cinco comisións fiscalizarán os asuntos do Pleno de Organización

Cinco comisións permanentes, tres ordinarias e dúas especiais, fiscalizarán os asuntos a debater no Pleno, segundo a proposta de funcionamento interno que defenderá mañá o grupo de goberno na sesión plenaria de organización, fixada para ás 10.00 horas.

Xunto ás dúas especiais ás que obriga a normativa –a Comisión Especial de Contas, na que se incluirán asuntos relativos á área de Desenvolvemento Económico, Protección da Comunidade e Concello e Cidadanía, e a de Suxestións e Reclamacións- créanse tres comisións ordinarias: de Desenvolvemento Sostible e Persoal; de Benestar, Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua; e de Medio Rural, Infraestructuras e Deportes.

Todas as comisións terán 9 membros: a Alcaldesa, dous representantes do Grupo Municipal Socialista, dous do Popular, e un de BNG, Lugonovo, Ciudadanos e ACE. A periodicidade será polo menos mensual, aínda que a propia comisión será a que fixe na súa primeira reunión a data e hora da celebración.

Por outra banda, segundo a proposta de Alcaldía, as sesión ordinarias do Pleno terán lugar o último xoves de mes, ás 10.00 horas, data e horario fixados froito do diálogo co resto de grupos políticos. En canto aos tempos de intervención, será unha cuestión que se abordará na Xunta de Portavoces a vindeira semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo