" />

Cinco novos casos de Covid19 en Lugo

Se onte eran dez os novos casos de infección por coronavirus en Lugo, hoxe ese datos caená metade e son só cinco os novos contaxios, o que indica que o andazo está baixo control. Como xa temos dito reiteradamente, cando comecen os test masivos a poboación, será o momento de coñecer o grao real de infectados.

Un día máis os datos que envía a Xunta a traveso da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na última actualización son que  o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.416, deles 1.417 son da área da Coruña, 610 da de Lugo, 1.293 da de Ourense, 515 da de Pontevedra, 1.162 da área de Vigo, 1.063 da de Santiago, e 356 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 101 permanecen en UCI, 603 están en unidades de hospitalización e 5.712 no domicilio. Polo de agora, en todo o país rexistráronse 1.588 altas de pacientes e 464 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 74.419.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo