Ciudadanos pídelle ao Concello que habilite unha liña de crédito para pemes e autónomos

O grupo municipal de Ciudadanos solicitará no vindeiro pleno municipal a aprobación dunha liña de créditos reembolsables para outorgar financiación a autónomos e pequenas empresas con domicilio social e centro de traballo en Lugo no seu primeiro ano de actividade.

A formación solicita que para accederen a eses créditos se prioricen as iniciativas promovidas por mulleres, parados de longa duración, maiores de 55 anos, menores de 30, persoas en risco de exclusión social e empresas que fomenten o cooperativismo.

“Non se trata de incrementar a cultura da subvención e as axudas a fondo perdido, que acaban por supoñer un elevado custe ás arcas públicas e que non aportan motivación engadida, senón de atopar vías que permitan un uso máis eficiente dos recursos públicos. O ofrecemento de créditos reembolsables, como amosan as experiencias doutros concellos, demostrou ser un instrumento eficaz no fomento do autoemprego e a creación de pemes, sen lastraren os presupostos municipais a longo prazo”, subliñou a voceira da formación, Olga Louzao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo