Ciudadanos propón facer unha zona verde polo medio do Carme e a Cheda

A portavoz municipal de Ciudadanos no Concello de Lugo e candidata a alcaldía nas eleccións do vindeiro domingo, Olga Louzao, presentou hoxe a súa proposta para o barrio do Carme, que consistiría na creación dunha zona verde que partiría da Porta Miñá e a capela do Carme para atravesar a zona do Carme e a Cheda até a ponte romana.

Para iso, propuxo a creación dun Consorcio do Casco Histórico, integrado polas distintas Administracións públicas (Goberno do Estado, Xunta de Galicia, Deputación e Concello) para  “sacar á luz os restos arqueolóxicos da cidade e impulsar o turismo en Lugo en base á riqueza patrimonial, natural e gastronómica, coa Muralla, o Camiño de Santiago, o río Miño e a oferta hostaleira como emblemas e principais reclamos da cidade”.

A candidata de Ciudadanos propuxo tamén “elaborar un Plan Estratéxico de Turismo para a cidade que conte cos distintos axentes”, públicos e privados, involucrados no eido do turismo en Lugo (administracións, hostelaría, comercio, empresas turísticas, bispado, etc) para “coordinar a oferta e as accións a desenvolver”.

Museo da Romanización no Fogar de Santa María

No eido turístico, Olga Louzao propuxo tamén construir o Museo da Romanización no Fogar de Santa María, un emprazamento “máis axeitado” a xuízo da candidata de Ciudadanos, “por contar con máis espazo que o Cuartel de San Fernando e atoparse fronte á Muralla e a carón do Carme”.

Deste xeito ademais, podería facerse no Cuartel de San Fernando un colexio público e transformar o actual Quiroga Ballesteros nunha escola infantil pública, da que tamén carece o casco histórico.

“Como exemplo, Olga Louzao indicou que coa actuación proposta por Ciudadanos para o Carme “lograríase conectar a Muralla co río Miño mediante un paseo verde peonil e ciclista” que se completaría coa proposta de soterrar a N-VI no entorno do Pazo de Feiras e o estadio Anxo Carro para eliminar deste xeito a barreira física da estrada N-VI para poder “chegar con comodidade e seguridade desde o centro da cidade ao río”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo