" />

Clausurada a mostra sobre Carvalho Calero no museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo

A exposición sobre Carvalho Calero, Arredor de Don Ricardo de Fingoi foi clausurada hoxe na Casa Museo Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o escritor Xulio Xiz, en representación do colectivo organizador Egeria; e o representante do Concello de Mondoñedo, Alberto García.

A exposición forma parte do proxecto do mesmo título que comprende a web www.carballocaleroenlugo.org, o catálogo cos contidos íntegros da Mostra, e o libro CARBALLO CALERO EN LUGO-DON RICARDO DE FINGOI, no que participan unha trintena de antigos/as alumnos/as de Carballo no Colexio Fingoi de Lugo.

A mostra sobre o autor, a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas, reflicte a través de distintos paneis, os quince anos de Carvalho Calero en Lugo, de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi. Trátase dunha exposición itinerante que trala súa inauguración en Lugo hai dous meses, foi visitando diversos concellos da provincia, nun proxecto máis amplo desenvolvido ao longo deste ano pola asociación cultural Egeria, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo