Club Deportivo Lugo enfróntase ao Albacete B o domingo

A semana toca ao seu fin e Luis Milla pasaba hoxe por sala de prensa para analizar o próximo enfrontamento ligueiro ante o Albacete B, este domingo no estadio Carlos Belmonte. Un choque complexo, ante un dos equipos que, segundo apunta o turolense, máis similitudes no xogo teñen cos lucenses, e cuxo potencial ofensivo pode xerar problemas en caso de non extremar as precaucións.

Tranquilo e seguro co xogo do seu equipo, valora o punto de confianza recibido tras a última vitoria, aínda que non se confía, e advirte do perigo dos manchegos no seu feudo”. Milla confirmou asemade a baixa por escordadura de Pau Cendrós.

“Temos fóra a Iriome e a Vega. Con Pau tiven que falar, ten unhas ganas enormes, pero entendemos que é preferible que pare, ten unha escordadura. O Albacete B. é un equipo ante o que tes que ser agresivo. Se non fas bo traballo sen balón, se non estás pendente, en defensa valo pasar mal. Non poden sentirse cómodos. É un equipo que ten unhas ideas similares ás nosas. Pode correr, se lle deixas xogar quítache o balón. Nós con balón estamos ben, sen el temos que seguir mellorando.”

“Está todo moi igualado, quen marque primeiro ten unha clave importante dominada. Temos que saír como sempre, fieis ao noso estilo, sempre valentes. Fóra de casa temos que dar un paso adiante, hai que mellorar. O equipo ten que mostrar a súa personalidade, sendo agresivo con e sen balón.”

“Cando levas algúns partidos sen gañar, aínda que as sensacións non sexan malas, tes esa présa por xogar e tapar esas derrotas. Deuse ben o día do Alavés, sufrindo moito. Esa vai ser a tónica do ano, non hai rival pequeno, está todo igualadísimo. Sabemos como xoga o Albacete, para gañar temos que dar a nosa mellor versión”

“De Coz é un xogador con moita experiencia. O outro día xogou corenta minutos, tamén participou en Copa, e é un futbolista con coñecemento do club que nos pode axudar. Queremos que a xente este a tope, imos contar con el. Por si acaso, entrará Lemos na convocatoria tamén. Todos teñen que estar preparados, en calquera momento pode tocar a oportunidade.”

“Os equipos que están abaixo, van subir postos en pouco tempo. Por capacidade de persoal, por esixencia da entidade, son equipos que van empezar a sumar. A igualdade é enorme, calquera che pode gañar. Hai que traballar moi ben entre semana, tes que competir ao 100% se queres ter algunha posibilidade de gañar os tres puntos.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com