Club Deportivo Lugo enfróntase ao Osasuna esta fin de semana

A competición ligueira enfronta esta semana ao CD Lugo cun rival de alto nivel, nun choque complexo e ante un equipo que se atopa inmerso nunha dinámica moi positiva. Algúns dos ingredientes do actual CA Osasuna,  coñeceos ben o medio albivermello David López, con pasado na entidade navarra. O 15 lucense apunta á boa liña do equipo, e ao compromiso por parte de todo o persoal como razóns dun crecemento en rendemento e xogo que mantén aos de Milla como equipo imbatido da categoría, sendo esta a mellor carta de presentación antes de atacar o fortín dun líder sólido e perigoso:

“É un momento bo para o CA Osasuna. Van líderes, facendo as cousas moi ben. Con todo, esperamos sorprenderlles e darlles un pau na súa casa. Para min é unha alegría ver así a Osasuna, a situación do ano pasado a todos os niveis foi moi complicada. Foi a miña casa durante un tempo”, sinalou o xogador.

“Temos a conta pendente dos partidos fóra de casa do ano pasado, aí non estivemos finos. Custou sacar os partidos lonxe da casa, aínda que alí puidemos gañar. É unha motivación extra o feito de que sexan os líderes, non hai dúbida”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com