Cogami, o Breogán e a Deputación, conciencian á cidadanía sobre a diversidade funcional

O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participaron esta mañá nunha xornada de sensibilización xunto a usuarios de COGAMI, xogadores do CB Breogán e a mascota do equipo celeste, Maximus. A iniciativa consistiu no desenvolvemento de varias actividades relacionadas co deporte e os hábitos cotiás, co obxectivo de concienciar á cidadanía das trabas coas que se atopan as persoas con diversidade funcional.

Santos Ramos subliñou “o compromiso do Goberno da Deputación coa plena integración social é un feito que se demostramos día a día cos numerosos programas de inclusión que temos en marcha. As actividades de hoxe, son outra mostra disto. Esta iniciativa é unha forma divertida de ser conscientes das dificultades que presentan as persoas con mobilidade reducida, e pór en valor o traballo do colectivo para romper todas as barreiras, as de infraestruturas pero tamén as dos prexuízos, que deberían estar xa esquecidas nunha sociedade moderna”.

López Izquierdo lembrou que “o Breogán mostra nestas actividades un gran compromiso coa igualdade e a integración social, sendo ademais un excelente altofalante, na sociedade lucense e moito máis alá como demostra a súa grande influencia nas redes”. Esta acción, enmarcada no contrato de patrocinio do Goberno da Deputación co club de baloncesto que inclúe o traballo con entidades de interese social, consistiu nunha programación de carácter lúdico, na que participaron os Deputados, os xogadores e toda a veciñanza que quixo achegarse, e que pretenderon sensibilizar á cidadanía sobre as dificultades coas que se atopan as persoas en cadeiras de rodas.

A semana pasada, tamén dentro deste acordo, os xogadores Salva Arco e Henk Norel, fixeron unha visita ao centro de día de COGAMI, onde mantiveron un amplo encontro cos usuarios e responderon as súas preguntas. O Breogán xa ten confirmadas outras accións de carácter social antes de final de ano, entre elas a visita o día 28 a escola de Baloncesto do Centro Educativo Galén e ao CIP Plurilingüe Tino Grandío de Guntín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com