A Comarca de Sarria acolle este venres a terceira etapa da Volta a Galicia

A terceira etapa da Volta a Galicia chega á Comarca de Sarria este venres co apoio da Deputación. O organismo provincial realizou unha achega económica de 10.000 euros para colaborar no paso da rolda autonómica polos Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, Paradela, O Páramo, Samos e O Incio, contribuíndo deste xeito á promoción e á dinamización da súa economía.

Ás 13:45 horas os máis de 100 ciclistas de 18 equipos que participan na XV Edición da Volta a Galicia botarán a pedalear na Rúa Padre Sarmiento, onde se atopará situada a liña de saída e de meta. En total os corredores deberán completar un percorrido de 150 quilómetros que atravesará os sete concellos da comarca sarriana, cun desnivel acumulado de 3.075 metros.

O organismo provincial habilitará un enlace na súa paxina web, www.deputacionlugo.gal, para que todos os interesados en seguir o evento deportivo en directo, o poidan facer dende calquera lugar mediante unha retransmisión en streaming.

Etapa pola Comarca de Sarria

A terceira etapa da Volta a Galicia terá como punto de saída a Rúa Padre Sarmiento de Sarria, atravesando toda a comarca de leste a oeste. A rolda partirá en dirección Oural, pasando por Samos,  e Triacastela dirixiranse a Láncara para pasar logo por Maceda.

Superado o ecuador da etapa, a volta pasará por A Fervenza, en pleno corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e Lugar de Neira, antes de chegar ao Páramo.

Os últimos quilómetros da etapa transcorrerán por Paradela, nas proximidades de ata chegar de novo a Sarria, onde estará situada a liña de meta.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com