Comeza a Semana Internacional de Cine de autor, con máis de 90 cintas seleccionadas

Mañá comeza a 39ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, do 18 ao 23 de setembro. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita cinematográfica, cunha achega económica de 35.000 euros. Tamén colabora a través da TIC, que elaborou un vídeo promocional para difundir o festival por toda a provincia. Pola súa parte, o Concello de Lugo, colabora con outros 18.000 euros.

Nesta 39ª edición, o festival rende homenaxe ao mindoniense Victoriano López García, Fundador e Director do Instituto de investigacións e experiencias cinematográficas, e primeiro lucense en gañar un Premio Goya, no aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana, así como a reposición dalgunha das súas películas nas distintas salas do Festival. Este ano o cartel anunciador da semana o realizou o pintor lucense LÁZARE.

As cintas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas e curtas, de 65 países de todo o mundo, das que seleccionaron 93 para esta edición. Dentro da programación do festival, figuran 10 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer…Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Homenaxe a Victoriano López García, e Sección curtas de cine.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas. As cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo de entre 3 e 5 euros, dependendo do ciclo.

Programación do Festival
Ciclo Infantil.- Todas as actividades terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 horas.
– O 18 de setembro: La tortuga roja.
– O 19 de setembro: Ribit.
– O 20 de setembro: Los superhéroes.
– O 21 de setembro: ORM en el reino de las nieves.
– O 22 de setembro: La vida de Calabacín.
– O 23 de setembro: Albert.

O mellor do ano.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
– O 18 de setembro: Migas de pan.
– O 19 de setembro: Psiconautas. Los niños olvidados.
– O 20 de setembro: María (y los demás).
– O 21 de setembro: Los inocentes.
– O 22 de setembro: Sólo en fin del mundo.
– O 23 de setembro: Un hombre llamado Ove.

Sección Oficial.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.
– O 18 de setembro: A foresta das almas perdidas.
– O 19 de setembro: Encadenados.
– O 20 de setembro: Bajo la rosa.
– O 21 de setembro: Días y noches en el área.
– O 22 de setembro: Zoe.
– O 23 de setembro: Llueven vacas.

E para comer…Lugo.- Todas as películas proxectaranse na Biblioteca Provincial de Lugo ás 19:30 horas.
– O 19 de setembro: O equilibrio dos opostos.
– O 20 de setembro: Delicatessen.
– O 21 de setembro: Mi panadería en Brooklyn.
– O 22 de setembro: Frontera invisible, Dieciocho, Abuela Esperanza, Nouvelle Cuisine, Menú.

Arte de cine.- Todas as películas proxectaranse no Museo Provincial de Lugo ás 19:00 horas.
– O 19 de setembro: Sísifo confunso. Trabajos y días de Francisco Leiro.
– O 20 de setembro: Cesteando.
– O 21 de setembro: Lordemani.
– O 22 de setembro: Art revolución.

Ciclo Cárceres.- Todas as películas proxectaranse no Vello Cárcere ás 19:30 horas.
– O 19 de setembro: La evasión.
– O 20 de setembro: Grados de libertad.
– O 21 de setembro: Eleuterio Sánchez contra El lute.
– O 22 de setembro: Cartas desde la celda, Zaratrusta aínda fala.

Grandes Historias.- Todas as películas proxectaranse no MHL ás 18:00 horas.
– O 19 de setembro: Te quiero, hermano.
– O 20 de setembro: Una lucha contra el tiempo.
– O 21 de setembro: Mujer (es) mujer.
– O 22 de setembro: O tempo futuro.
– O 23 de setembro: Shoots from Abyssinia.

Cine Galego.- Todas as películas proxectaranse na Deputación ás 18:00 horas.
– O 18 de setembro: Pelerinaxes.
– O 19 de setembro: Esquece Monelos.
– O 20 de setembro: Historias de un viejo camionero.
– O 21 de setembro: Einstein-Rose, Irei a Darbo, Sibilia, Aciaga, Hermetismos, Area, 1948-2016. Un final para empezar, Sen palabras, La brecha, Asasino, Zombiraxe.

Homenaxe a Victoriano López García.- O 22 de setembro, ás18:00 horas no Pazo de San Marcos, Una cubana en España.

As curtas tamén son Cine.- Todas as curtametraxes proxectaranse no Vicerreitorado da Universidade de Lugo (Casa do Coñecemento) ás 19:00 horas.
– O 18 de setembro: As curtas máis premiadas 1.
– O 19 de setembro: As curtas máis premiadas 2.
– O 20 de setembro: As curtas máis premiadas 3.
– O 21 de setembo: As curtas máis premiadas 4.
– O 22 de setembo: As curtas máis premiadas 5.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com