" />

Comezan as obras para eliminar o fibrocemento na traída de 10 rúas do Grupo La Paz

Comezaron as obras de eliminación do fibrocemento das traídas de auga do Grupo La Paz, que incluirá a renovación e modernización da rede de abastecemento e saneamento da zona e o arranxo das beirrarúas. En total, se actuará sobre 187 acometidas, 62 delas pluviais, concentrando, fundamentalmente, os esforzos en dez rúas: Camelia, Acivro, Alecrín, Estrelamar, Padre Sarmiento, Santo Domingo de la Calzada, Carpaza, Ligustro, Pardo de Cela e Estralote.

As obras inclúen a substitución das tubaxes actuais por outras de función dúctil ao tempo que tamén se levarán a cabo a renovación dos colectores de saneamento que verten á rúa Armórica e á Rolda de Fingoi que, pola súa antigüidade e polos materiais cos que foron construídos (formigón), presentaban deficiencias no seu funcionamento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo