Comezan as obras para acondicionar o Camiño das Regas da Fervedoira

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou este martes as obras que vén de iniciar o Concello co fin de acondicionar o Camiño das Regas da Fervedoira. Os traballos, que contan cun orzamento de máis de 4.000 euros, consisten no varrido da superficie deste camiño, de máis de 200 metros, así como na retirada de escombros para proceder ao seu bacheo con grava, estendida e compactada, que se finalizará cun triple tratamento superficial de rega de emulsión, “unha intervención coa que ademais de mellorar o tránsito de vehículos damos resposta ás peticións veciñais”, subliñou o Concelleiro. As obras, que comezaron no día de hoxe, estarán rematadas ao longo desta semana.

Esta nova medida súmase a outras que acometeu ou está a acometer o Concello en distintos puntos da cidade nas últimas semanas como a substitución do arboredo na rúa Ramiro Moure, o arranxo do colector de saneamento da rúa da Rocha, o acondicionamento da zona infantil de Catasol, a instalación de bancos nos barrios do Sagrado Corazón e da Residencia ou diversas actuacións para mellorar a accesibilidade na cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo