" />

Comezan os actos de homenaxe a Carballo Calero

O colectivo lucense Egeria, coa colaboración do Colexio Fingoi e o patrocinio da Xunta de Galicia, vai dar comezo ás actividades do proxecto Don Ricardo de Fingoi (Carballo Calero en Lugo), con motivo de serlle dedicado este ano o Día das Letras Galegas ao profesor e escritor que residiu e traballou en Lugo desde 1950 a 1965, como profesor e responsable do Colexio Fingoi.

As dúas primeiras fases deste proxecto son unha exposición itinerante e unha páxina web, que serán presentados o próximo mércores, ás doce, nun acto que se desenvolverá nas instalación do Colexio Fingoi, e no que participarán representantes da familia do homenaxeado, da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega, profesores e alumnos do Colexio Fingoi, e numerosos lucenses que estudaron neste Colexio nos tempos de Ricardo Carballo Calero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo