Comezaron as votación das Xerais con normalidade en Lugo

Ás 9.29 horas desta mañá quedaron constituídas as 3.954 mesas electorais despregadas en Galicia durante a xornada de hoxe con motivo da celebración das eleccións xerais. A última mesa constituida foi a ubicada no Xardín Maternal de O Couto, en Ourense, que ampliará o seu horario de votación ata as 20.29 horas.
Todas as mesas da Coruña, Lugo e Pontevedra abriron con normalidade ás 9 horas mentres que en Ourense atrasouse o colexio electoral Xan Pío X, ademais da xa citada do Xardín Maternal. As incidencias principais que se produciron foron pola ausencia de membros das mesas, que se solucionou coa presenza de membros suplentes ou por persoas indicadas polas correspondentes xuntas electorais.
Haberá dous avances de participación: ás 14 e ás 18 horas, coincidindo con dúas roldas de prensa do secretario de Estado de Comunicación, Miguel Ángel Oliver, e a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel  Goicoechea, media hora despois de cada unha desas horas, ademais doutra ás 10.30 horas. As comparecencias serán no Centro Nacional de Difusión en  IFEMA, en Madrid. Ás 22.30 horas comparecerán a ministra portavoz, Isabel  Celaá, e o ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska.
Ás 20 horas pecharanse as mesas e empezará o escrutinio. Con todo, os primeiros datos ao dispor do público chegarán a partir das 21 horas, coincidindo co peche dos colexios electorais en Canarias. Estarán dispoñibles na páxina web  https://resultados.10noviembre2019.es

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com