" />

Como se dirá “merda” en inglés?

Carlos Núñez, na noite do día 11, no San Froilán, onde non actuaba –dixo- desde hai vinte anos. Abraioume a súa interpretación do Bolero de Ravel á gaita. Magnífico. Presencia internacional no seu grupo, cun compoñente australiano e outro canadiano.

Todo ben ata que o australiano dirixiu ao amable publico un exordio en inglés de varias frases que ninguén se molestou en traducir…E, claro, eu por cronoloxía pertenzo a un tempo no que se estudiaba francés, e o inglés non existía no noso mundo. Para min, como se un australopiteco pretendese explicarme a súa visión da deriva dos continentes.

E logo tocoulle a quenda ao canadiano, que se esforzou un pouco, pero resultou practicamente o mesmo, rematando con un “Are you readi?” que nin me molesto en averiguar que quixo dicir.

Eu non sei utilizar dous dedos para facer soar un sonoro silbido de desconformidade. E tampouco sei como se di “merda” en inglés. Teño que consultar cos meus fillos, que eles son da época na que xa o inglés americano nos foi conquistando a respiración. Claro que se soubera como se di, tampouco houbera ousado alzar a miña voz para responder aos músicos, por moito que o merecerán, que non me gusta dar a nota nun acto público. Por iso, por non saber e non ousar, escribo esta crónica co espírito da que espero sintonice a minoría que temos a desgracia de non saber inglés, e que non nos gusta que nolo metan á forza –como purga para cabalo- nun concerto presuntamente galego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo