O Concello artella sinerxias co tecido empresarial para impulsar a utilización da madeira

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e técnicos municipais encargados do desenvolvemento do plan Life do Concello, o Lugo + Biodinámico, visitaron na tarde de hoxe as instalacións de Maderas Besteiro, unha iniciativa enmarcada no obxectivo do Goberno local de artellar sinerxias co tecido empresarial do municipio dedicado ao sector da transformación madeireira para impulsar a través deste programa financiado con fondos europeos un novo modelo produtivo baseado na madeira como elemento estrutural de construción.

Na visita tamén participou a Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e Manuel Guaita, o director da Plataforma de Madeira Estrutural (PEMADE) do Campus de Lugo, pois tanto a Deputación como a Universidade de Santiago son socias do Concello neste programa.

Co plan Lugo+Biodinámico, a entidade local sitúase á vangarda da planificación urbana sostible e dun mellor aproveitamento forestal, o que aumentará a calidade de vida da veciñanza e abrirá novas oportunidades económicas. Entre as actuacións xa iniciadas deste programa a día de hoxe está a plantación nas Gándaras dun arboretum de medio milleiro de exemplares de 55 especies distintas de árbores e arbustos auctóctonos, representativas de todos os bosques de Galicia.

Trátase dun proxecto pioneiro na comunidade, que creará un espazo de divulgación e participación aberto de maneira libre e gratuíta á comunidade educativa e científica e á sociedade lucense en xeral. Ademais, tamén se plantaron frondosas autóctonas e especies de alta rendibilidade enerxética, así como un souto de castiñeiros autóctonos en terreos públicos situados nas Gándaras e O Ceao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com