" />

O Concello de Lugo nega que exista espionaxe á oposición

Amencía Lugo hoxe cunha nova máis propia dunha gran urbe: un medio escrito anunciaba que un suposto informe revelaba accións de espionaxe sobre os ordenadores dos grupos da oposición do Concello.

Segundo afirmaba este medio, e corroboraron fontes dos grupos municipais, o goberno local encargou un seguimento e control de todos os movementos efectuados na intranet municipal e, en concreto, dos decretos e informes. O documento final recoll as horas nas que se efectuou o acceso a eses datos, desde que partido e desde que ordenador co obxectivo de comprobar o que uso se lle daba, desde a oposición, aos datos obtidos.

A alcaldesa, Lara Méndez, asegurou que non se trata de espionaxe, senón que “hai un ano asinouse un decreto polo cal a oposición poderá ter acceso a todos os decretos e informes municipais para realizar a súa labor de fiscalización, e esas entradas quedan reflexadas”. Lara Méndez pediu á oposición “sensibilidade” á hora de tratar os datos que recollen deses decretos.

Sen embargo, a visión da oposición dista bastante da da alcaldesa. Así Lugonovo afirmou esta mañá que se trata de “auténtico espionaxe”, ao igual que o PP, que o cualificou como un acto de “hackeo dos ordenadores”. O voceiro popular, Antonio Ameijide e o vicevoceiro, Enrique Rozas, pediron una Comisión de Investigación para esixir responsabilidades por estes actos de espionaxe e acusaron aos socialistas de vulnerar o dereito á intimidade e o secreto de comunicacións.

O voceiro popular considera que para garantir a confidencialidade do traballo que realizan os diferentes grupos políticos hai que esclarecer os feitos e, nese senso, anunciou que o seu Grupo pedirá esta comisión preguntándose “tras este incidente, quen nos asegura que non nos van volver a entrar, sen permiso nos equipos?, estamos otalmente desprotexidos”. “Con esta iniciativa pretendemos que esta situación nunca se volva a repetir” explicou o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo