O Concello destina 140.600€ ao Plan de Roza de 750 km de vías rurais

O Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, anunciou esta mañá que o Plan de Roza das pistas rurais do municipio contará este ano cun orzamento de máis de 140.600 euros. As tarefas realizaranse en 750 quilómetros de estradas das 54 parroquias lucenses durante tres meses unha vez adxudicado o contrato, para o que poderán presentarse ofertas durante 40 días naturais contados dende a data de envío do anuncio do mesmo no Diario Oficial da Unión Europea.

A licitación tamén se publicará nos boletíns oficiais do Estado e da Provincia, así como no perfil do contratante do Concello, en www.lugo.gal. Miguel Fernández subliñou que coa roza “melloramos as comunicacións, a seguridade viaria e a comodidade dos conductores, ademais de previr incendios, o que en definitiva mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas que viven no rural, algo fundamental para dinamizar economicamente as parroquias e fixar poboación”. “O noso rural”, lembrou, “supón o 80% do territorio do concello e o 10% dos habitantes”.

Para executar os traballos, o adxudicatario terá que dispoñer en activo, simultaneamente, dun mínimo de 8 tractores de dobre tracción. Completarase co desbroce e limpeza de camiños e pistas forestais con medios propios do Concello.

“Caciquismo 2.0”

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, reaccionou esta mañá ante este anuncio e acusou ao Goberno municipal de “manter o mesmo método caciquil que implantou no seu día Liñares para a zona rural do concello” cun sistema de “desbroces á carta con fins electorais”.

Olga Louzao denunciou que o plan de roza presentado polo goberno de Lara Méndez para este ano e o que vén, que non contempla planificación algunha. Para a voceira de Cidadáns, “máis que un contrato para dar servizo aos veciños e veciñas das distintas parroquias semella un sistema de desbroce á carta con fins electorais xusto antes das eleccións municipais do ano que vén”. Olga Louzao dixo ademais que “o Goberno municipal pretende facer agora no último ano de mandato xusto antes das eleccións o que non fixo en tres anos e prepara a campaña electoral con métodos propios do caciquismo do século XIX revestidos de modernidade e de caciquismo 2.0″.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com