" />

Concentración de veciños de Muimenta diante da Xunta en Lugo para reclamar máis atención sanitaria

Esta mañá  usuarios do Centro Médico de Muimenta  e persoas que se solidarizan con eles,  convocados pola Asemblea Veciñal deste concello da Terra Chá, concentráronse  diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, para esixirlle á Consellería de Sanidade que cubra as baixas dos médicos, tanto por baixas laborais como  nos períodos de lecer, pois  do contrario, “redúcense considerablemente as horas de consulta”

No manifesto que repartiron durante a concentración os compoñentes da asamblea, podíase ler: “Parécenos inadmisible esta decisión e por iso nos concentramos aquí, para esixir o normal funcionamento do Centro Médico cunha atención sanitaria digna e de calidade, conscientes de que a sanidade é un servizo básico indispensable á hora de manter a poboación no rural e dispostos a seguir tomando medidas que nos leven a recuperar a atención medica que xa tiñamos”. Conclúen

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo