" />

Conde advirte de que a solución en Alcoa só será posible se existe “implicación real e efectiva” do Goberno e a empresa

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou hoxe que  non haberá unha solución posible para a planta de Alcoa en San Cibrao ata que exista unha “implicación real e efectiva” por parte do Goberno e da propia empresa.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, Conde volveu insistir en que sen un prezo eléctrico competitivo será imposible atopar un comprador viable para, porque carece do escenario enerxético óptimo para presentar as súas ofertas. Por iso subliñou que é necesario que o Goberno active “todos os mecanismos e ferramentas que ten ao seu alcance para afrontar a venda de Alcoa con seguridade, incluída a intervención temporal a través da SEPI”.

O vicepresidente económico subliñou que a decisión do Tribunal Supremo de confirmar a nulidade do Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que Alcoa quería aplicar é unha boa noticia para a comarca da Mariña e para Galicia. Sobre todo, precisou, para o conxunto de traballadores que, xunto ao Goberno galego, defenderon sempre o mantemento da actividade da única planta de aluminio primario que queda en España.

Conde reiterou que, non obstante, non se garantirá a estabilidade da industria electrointensiva —que xa advirte de que moitas plantas están a reducir a produción—, mentres que o Goberno central non faga caso a esta situación e tome medidas contundentes para rebaixar o prezo da electricidade.

A política enerxética do Goberno, abondou, está poñendo en perigo a supervivencia de sectores concretos como a gran industria hiperelectrointensiva. Por iso, subliñou que é hora de que o Goberno escoite á industria e colabore ofrecendo confianza ao tecido empresarial; achegando fondos Next Generation coa máxima transparencia e en cogobernanza coas comunidades autónomas e evitando políticas que poñan en perigo as instalacións existentes.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Nov 10, 2021 - 08:25 PM

    Este tipo, fai algo máis qué botarlle ao goberno a culpa de todo, o que el non sabe solucionar? E pampo de todo.

    Reply
  2. Anónimo
    Nov 10, 2021 - 08:15 PM

    … e lles votaron en masa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo