" />

Conde destaca o atractivo turístico da Ribeira Sacra na mostra de viños de Pantón

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe o papel da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no impulso á dinamización económica e o atractivo turístico desta zona. Conde asistiu ao arranque da vixésimo segunda edición de este evento, que se celebra durante esta fin de semana e que, subliñou, se ten consolidado como un referente turístico e enolóxico da provincia lucense.

 Este evento en Pantón, sinalou o conselleiro, permite promover os viños das cinco denominacións de orixe galegas, e de xeito máis particular a da subzona Ribeiras do Miño, a que pertencen os viños desta localidade da provincia de Lugo encadrada na denominación de orixe da Ribeira Sacra.

 Citas como a mostra de Pantón, defendeu Conde, contribúen a amosar a capacidade e a calidade dos caldos galegos. Neste senso, defendeu ambos os dous atributos, xunto á profesionalidade do sector, como claves para que a industria vitivinícola galega estea a crecer en todo o mundo.

 Así, Conde destacou que Galicia exportou o ano pasado 42,3 millóns de euros en viño, un 6,1% máis que en 2014. Ademais, apuntou que o sector xoga un papel estratéxico na creación de postos de traballo e na dinamización do tecido económico galego, fixando empregos no rural e contribuíndo a vertebración da economía galega. En concreto, apuntou, entre as cinco denominacións de orixe de viños e a de augardentes e licores, a comunidade conta con máis de 16.000 viticultores e preto de 500 industrias.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo