Si, hai saída contra a violencia machista, por Marta Rodríguez Engroba

Ante a nova ondada de violencia machista acontecida na nosa comunidade dende o pasado Venres, 16 de Decembro, e que nos deixa o tráxico resultado de dúas mulleres asasinadas en Vigo e Santiago de Compostela, así como outra ferida polo seu agresor na Coruña, desde a asociación Si, hai saída queremos manifestar a nosa condena mais rotunda ante esta barbarie que non fai se non  medrar cada día e esixir o maior rigor e a mais enérxica contundencia na aplicación das leis coas que se debe castigar a estes asasinos.

 Do mesmo xeito, unha vez mais queremos recordar que a loita contra a violencia de xénero e algo que nos incumbe a todos, non soamente as Institucións, malia que o seu papel e fundamental, pero que non poderán levar adiante coa efectividade que compre se o resto da sociedade seguimos instalados na indiferenza e na dobre moral que nos fai volver a vista a outro lado ante este feminicidio tan atroz que non deixa de cobrarse vidas do xeito mais cruel.

 Así mesmo, e desde a nosa perspectiva de colectivo que estamos a traballar día a día con vítimas da violencia de xénero, queremos expresar a nosa preocupación ante o descoñecemento que observamos aínda existe da súa realidade e pregamos unha especial prudencia ante o que semella ser unha especie de “moda” dito con todo respecto, que fai que case cada día xurdan persoas ou grupos que non dubidan en presentarse como especialistas nesta materia, e lanzando, temerariamente,  mensaxes que para as vítimas poden chegar a ser non soamente enganosos, se non mesmo perigosos.

 Non esquezamos que estamos a falar de vidas, vidas de mulleres e tamén, en ocasións, das súas crianzas, e que non se pode permitir que a falta de humildade para recoñecer as propias limitacións,  o afán de notoriedade ou o tentar acadar melloras sociais ou laborais, aumenten o risco xa tan elevado a o que se enfrontan a diario.

 A loita contra a violencia machista, o mesmo que tantos outros eidos da vida, precisan do apoio de persoas coa formación precisa, amén, obviamente de sensibilidade, empatía, e, o que no noso xuízo e mais importante: Crer de corazón no que se está a facer.  Sen estas premisas fundamentais, non soamente e inviable levar a cabo unha óptima labor, se non que se expón a quen acude a pedir axuda a unha especie de ruleta rusa que pode inducir a confusión e rematar con un final fatal, motivo polo cal, en Si, hai saída consideramos que sería moi positivo que se examinase, por parte de quen competa, con todo detalle, o traballo que colectivos, plataformas, etc, etc, din estar levando a cabo, sen excluír, por suposto, o noso.

 A violencia machista atenta do xeito mais flagrante contra o dereito mais elemental das mulleres: o dereito a vida, e ignorar esta vulneración, así como utilizala en beneficio propio, e un xeito mais de maltratar.

Marta Rodríguez Engroba.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Marta Rodriguez Engroba
    Dec 19, 2016 - 09:00 AM

    Moitas grazas por darnos voz.
    Xa van demasiadas vidas.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo