Constituída a nova Executiva Comarcal da Federación de Servizos da CIG

Nesta semana quedou conformada a nova Executiva Comarcal da CIG Servizos na comarca Lugo- A Mariña, despois do proceso de elección de cargos da federación celebrado a fins do mes de xaneiro. Á fronte da executiva, como Secretaria Comarcal situase Cristina López Fernández, traballadora do Carrefour e membro do comité de empresa en dita empresa, quén releva no cargo a María Jesús Antas Pérez, quén ostentou a secretaría comarcal da federación nos últimos 4 anos.

A Executiva quedou conformada ademais por Xosé Paz Fernández, traballador de Prosegur, Xoán Manuel Díaz Branco, liberado da CIG na Mariña, Vanesa Ramirez Valdés , traballadora do SAF de Monforte na empresa FEPAS, Asunción Castiñeira Fernández, liberada da CIG en Lugo, Carme Antas Pérez, liberada da CIG en Lugo, e Miguel Pérez Núñez, traballador de Urbaser.

Dentro das responsabilidades a desenvolver na Federación, Cristina López asumiu ademais da Secretaría Comarcal, a de Eleccións Sindicias e Saúde Laboral, Xosé Paz a responsabilidade de Finanzas, Xoan M. Díaz, a responsabilidade de Negociación Colectiva; Carme Antas, a responsabilidade de Muller, Asunción Castiñeira, de Formación; e Vanesa Ramirez, responsabilidade de Actas.

Dentro do traballo a desenvolver, desde a nova executiva considerase prioritario a corto prazo atender o proceso de eleccións sindicais, co obxectivo de medrar en representación, e a medio e longo prazo procurar melloras na negociación colectiva nos diversos sectores que abrangue a federación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo