Continúa a festa do breoganismo coa recepción ao equipo no Pazo de San Marcos

O Goberno da Deputación organiza mañá no Pazo de San Marcos unha recepción pública ao CB Breogán e á que poderán asistir todos os afeccionados e veciños da provincia que así o desexen. Terá lugar a partir das 17:00 horas e contará coa participación dos xogadores e corpo técnico do club celeste, que ofrecerán aos asistentes a Copa da LEB Ouro e a Copa Princesa, conquistadas na presente tempada. Ademais, haberá animación musical e un speaker na que será unha gran festa do breoganismo.

O club de baloncesto lugués conseguiu o ascenso á ACB logo de proclamarse campión da liga hai dúas xornadas, logrando volver á máxima categoría do baloncesto nacional doce anos despois. A Deputación de Lugo é a administración que máis está a colaborar nos últimos anos co Breogán a través dos contratos de patrocinio asinados entre ambas entidades cun dobre obxectivo: axudar ao club de referencia do baloncesto na provincia e que a achega económica repercuta en toda a cidadanía, coa posta en marcha de numerosas accións e iniciativas sociais a través de asociacións sen ánimo de lucro, que loitan por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com