" />

Continúa aberto o prazo para que as escolas infantís de iniciativa social soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe as escolas infantís de iniciativa social Bugs Bunny e Pumuky situadas no Concello de Sarria. Alí lembrou que, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), continúa aberto o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos.

As escolas de iniciativa social terán de prazo ata o vindeiro sete de marzo para adherirse a esta iniciativa que entrará en vigor o 1 de abril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo