" />
Cementos Cosmos. Na sala de xuntas da Consellería, 4º andar foto xoán crespo 28/02/17

Continúa aberto o prazo para solicitar axudas ao aluguer dunha vivenda

A Xunta de Galicia mantén aberto o prazo de solicitude das axudas para o aluguer da vivenda. Trátase dunha convocatoria extraordinaria para aquelas familias que se atopen en situación de vulnerabilidade como consecuencia da pandemia, persoas en desempregado, aquelas afectadas por un ERTE ou que sufriran estes meses unha redución de xornada laboral ou dos seus ingresos.

A axuda poderá acadar os 500 euros ao mes, sen superar o custe do alugueiro, co límite máximo de seis meses.  E ademais poderá concederse con efectos retroactivos desde o mes de abril.

As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Xunta , onde está dispoñible o formulario correspondente.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro.

Máis información na web do Instituto Galego de Vivenda e Solo ou no teléfono 012

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo