" />

Continúa o descenso do virus con 13 casos menos que na xornada anterior

Continúan as boas novas en relación co paso da Covid pola provincia de Lugo. E é que o SERGAS continúa a amosar cifras positivas, co número de casos activos en continuo descenso e os contaxios aparentemente estabilizados en cifras moi baixas. 

Así o expón o Servizo Galego de Saúde no seu último informe no que recollía os datos relativos á xornada de onte e no que cifra en 175 os casos activos na provincia de Lugo, 13 menos que na xornada do luns. E é que as altas continúan en aumento, rexistrándose 18 nas últimas horas e chegando xa ata as 12.654 dende o inicio da pandemia no mes de marzo do pasado ano. 

Con todo, mantense o ritmo de contaxios. Nas últimas horas 7 persoas resultaban positivas nalgunha das probas diagnósticas realizadas polo SERGAS, o mesmo número que no día de onte. O certo é que haberá que esperar aos últimos días da semana para ver se este mantemento é anecdótico ou se mantén no tempo, dado que, precisamente, a finais de semana tende a elevarse o número de positivos detectados. 

Outro baremo que se mantén igual na última xornada é a presión asistencial con tan só 5 persoas ingresadas, 4 en planta e 1 na UCI, todas no HULA. O resto de hospitais da provincia continúan libres de covid. 

E todo iso o día despois da reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia e que vén tomar a decisión de sacar do nivel medio de restricións a varios concellos polo seu bo avance. Entre eles se atopan Viveiro e Xove, os dous municipios lugueses que quedaban fora do nivel baixo de limitacións. Con esta decisión, e á espera de que se publique o decreto definitivo no Diario Oficial de Galicia, Lugo quedaría este sábado con todos os seus concellos no nivel máis baixo de restriccións. 

Doutra banda, continúan as boas novas e é que Galicia volveuse superar nas últimas horas en relación coa vacinación superando o 60% da poboación as persoas que xa recibiron a lo menos unha dose dalgunha das vacinas e achegándose ao 40% as persoas coa pauta completa. 

Unha moi boa nova que é clave no avance do virus, así como no alivio das restriccións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo