Reixtro Civil

Continúa o xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez

Continuaba esta mañá o xuízo polo asasinato no 2016 da rapaza de 24 anos Tatiana Vázquez. Ao longo da mañá de onte declarou a familia como testemuña. Entre estas declaracións, destaca a da mai de Tatiana quen asegurou na entrada da Audiencia Provincial de Lugo que cre totalmente que Ibrahima Ndiaye é o culpable da morte da súa filla.

Pola súa banda, o único acusado de asasinar á moza, así como dun delito de maltrato no ámbito familiar durante os seis anos que durou a relación de ambos, foi ameazado coa expulsión da sala xudicial tras interromper o relato fiscal proclamando que eran mentira as acusacións.

Na xornada de hoxe, declaran amigos e achegados á vítima entre os que se atopa unha amiga da falecida e do acusado que afirmou rotundamente que el nunca tratou ben a Tatiana. A preguntas do fiscal e da defensa, esta muller declarou que o procesado trataba con desprezo á súa moza.

A cuñada da vítima, coa que mantiña unha estreita relación declarou tamén hoxe que Ibrahima controlaba de maneira enfermiza á súa moza. Tamén unha muller que coincidiu con Tatiana nun autobús Madrid Lugo dixo, como testemuña, que tras falar coa vítima da súa relación con Ibrahima, a propia moza lle confesou que el era controlador e vengativo. Asemade recoñeceu que a vira moi namorada pero que se lle vía con medo. Lembramos que o Ministerio Fiscal pide para o acusado 27 anos e medio de cárcere.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com