Continúa o programa de obradoiros de Nadal de Afundación

Afundación continúa desenvolvendo a programación de obradoiros de Nadal nas súas diferentes sedes. Están dirixidos a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos e levaranse a cabo os días 2 e 3 de xaneiro de 11.30 a 13.00 h.

As actividades deseñadas baséanse en cada unha das exposicións que se poden visitar actualmente en cada sede da entidade e as persoas interesadas en participar só terán que inscribirse no correo areaeducativa@afundacion.org.

Na Sede Afundación de Lugo (praza Maior, 16) o día 2 de xaneiro as nenas e nenos de entre 4 e 8 anos poderán gozar da proposta A árbore dos oficios e as tradicións baseada na exposición ‘Oficios entre lusco e fusco’.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com