Continúan as charlas sobre igualdade nas parroquias lucenses

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo continúa con éxito o programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero no medio rural. Os veciños e veciñas de diferentes parroquias e concellos de Lugo responden con grande interese e participación activa ás charlas impartidas pola provincia. Cúmprese así a premisa de que “a igualdade é un tema que nos concirne e preocupa a todos e todas”, e o medio rural de Lugo estase implicando.

Todos eles coinciden en que a vida no campo non é doada e menos para as mulleres, pero que cada vez as mulleres están tendo máis cabida no medio rural polo seu mérito propio, como é o caso das mulleres emprendedoras. Por outro lado, o medio rural é a fonte de tradicións e costumes da nosa cultura e a federación considera que é por elo que existe un sentimento de preocupación máis forte nos temas que afectan á veciñanza, como é o caso do papel da muller no rural, a violencia de xénero na nosa sociedade e outros tipos de violencias exercidas contra as mulleres en diversas partes do mundo polo mero feito de ser mulleres.

Así, se traballan estas temáticas dende a igualdade de xénero e repensando os roles e identidades de xénero que aprendemos dende que nacemos, “ao mesmo tempo que analizamos as condutas machistas que nos rodean na nosa vida cotiá para despois deconstruilas”. Deste xeito, segundo explican dende a federación, “moitas veces non chegamos a ver estas desigualdades porque son construcións sociais totalmente naturalizadas e normalizadas por nós mesmos dentro da nosa sociedade, que se resumen na frase: sempre foi así…

Ata o día de hoxe tiveron lugar as primeiras catro charlas do programa; empezando pola asociación de Agulla Máxica no Uxío Novoneyra, seguido por Guitiriz, Bascuas e Santa María Alta.

A responsable do proxecto e de impartir as charlas é dunha educadora social, á cal vai acompañada pola Vicepresidenta da área de Muller da Federación de Veciños/as e pola técnica administrativa ó cargo. Respecto aos participantes, as idades oscilaron entre os 28 anos ata máis de 70 anos de idade aproximadamente. Por outro lado, cabe destacar que predominan as mulleres pero existe unha importante participación de homes na preocupación pola igualdade, sobre todo na parroquia de Santa María Alta do concello de Lugo. Os lugares de actuación foron dende centros sociais como é o caso da Escola Habanera de Guitiriz, coma locais social ou o que eran antes as antigas escolas nas parroquias.

“Resulta moi interesante que veciños e veciñas de idades moi dispares compartan as súas experiencias e anécdotas durante ás charlas dentro dun contexto sociocultural ben diferenciado polas épocas”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com