" />

Continúan as denuncias por no facer uso da máscara e incumprimento da corentena

A pasada madrugada efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantaron dúas actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar a dúas persoas que camiñaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección e non se atopaban en ningunha das causas de exención contempladas na Real Decreto Lei 21/2020.

Así mesmo levantouse acta de infracción ao detectar a unha condutora que circulaba pola vía pública, da que se pescudou que dera POSITIVO nas probas de COVID-19, non realizando a proba que tiña concertada días máis tarde para saber se seguía tendo o mesmo resultado, entendendo que seguía sendo positivo, INCUMPRINDO A CORENTENA OU ILLAMENTO POR NEGLIXENCIA GRAVE E POÑENDO EN RISCO A SAÚDE DOUTRAS PERSOAS. Esta conduta leva aparellada sanción de 3.005’07 a 15.025’30 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo