Controlado un incendio que afecta a unha nave de rotulación en Viveiro

Os efectivos de extinción manteñen controlado o incendio que afecta a unha nave de rotulación situada no concello de Viveiro.

Por fortuna, ninguén resultou afectado a causa do lume e os danos materiais están por avaliar, pois na zona seguen traballando os equipos de emerxencias.

De feito, é a carga térmica acumulada no interior das instalacións, fundamentalmente plásticos, o que está a dilatar estas tarefas de extinción.

Cómpre sinalar que se trata dun incendio que comezou sobre as 14:30 horas da tarde, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar. A partir de aí, activouse un operativo do que formaron parte os Bombeiros de Viveiro, os axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil e ao ques e sumaron os membros do GES de Cervo e o persoal do servizo de extinción de incendios forestais da zona debido á proximidade da nave co monte e á necesidade de máis auga para sufocar o lume.

Tamén se desprazou un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que ninguén necesitou asistencia médica.

No lugar do incendio, segue, arestora, parte deste operativo, aínda que contan con ir liberando máis medios nas próximas horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com