Convocado o Certame de Poesía Infantil Nadal 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o Certame de Poesía Infantil Nadal 2015, no que poden participar escolares de ata 16 anos, distribuídos en tres categorías segundo tramos de idade. A Biblioteca Nodal de Lugo coordina esta convocatoria, na que participan máis dunha vintena de bibliotecas públicas da provincia, que ten como tema xenérico O Nadal.

Para poder participar na fase local –e ter opción, polo tanto, de chegar á fase provincial- é preciso ser socio da biblioteca. Cada participante poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición. Os poemas deberán estar escritos en galego e contar cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

O prazo de presentación dos traballos, que deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca, rematará o vindeiro 22 de decembro. Os gañadores da fase local recibirán cada seu diploma e lote de libros e pasarán á fase final, na que competirán cos traballos seleccionados noutras bibliotecas públicas da provincia.

As bases do certame poden consultarse na páxina web da biblioteca (http://rbgalicia.xunta.es/lugo/) ou poden recollerse fisicamente no centro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com