" />

Cortada a estrada no pobo de Belesar por desprendementos na calzada debido ás intensas choivas

A estrada provincial de Belesar a Chantada por Camporamiro, a LU-P- 1804, foi cortada este xoves á altura do punto quilométrico 6, no pobo de Belesar, enfronte do embarcadoiro da Deputación, para garantir a seguridade dos vehículos logo de producirse un desprendemento de terra e o afundimento de parte da calzada debido ás intensas e continuadas choivas producidas entre onte e hoxe.
Os vehículos que transiten por esta estrada poderán desviarse pola ponte de Belesar ou tomar a estrada LU-553.

Operativos do servizo de Xestión Territorial da Deputación colocaron nestes dous cruces avisos de advertencia do corte da estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo