" />

Cortada a LU-P-2009 en Foz por importantes danos ocasionados por un camión nun paso elevado

A Deputación de Lugo cortou, a última hora da tarde deste venres, a estrada LU-P-2009 en Foz tras os importantes danos producidos nun paso elevado polo choque dun camión. O vehículo excedía, coa carga que transportaba –un tractor-, a altura permitida e danou a estrutura da ponte.

Os técnicos do servizo provincial de Xestión Territorial avaliarán mañá sábado o estado da infraestrutura que une o embarcadoiro do municipio coa vía que vai a Ferreira, a fin de determinar a duración do peche da estrada e da ponte, así como o procedemento para
acometer os traballos de reparación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo