" />

Corte da Ronda da Muralla con Recatelo por obras

O Gabinete de Tráfico da Policía Local informa de que con motivo das obras de asfaltado do último treito da Rúa Vilalba na súa confluencia coa Praza Xaquín Lorenzo, vaise a proceder dende as 14:45 horas do día 12 de agosto de 2016, ás seguintes medidas en materia de seguridade viaria e sinalización circunstancial:

Procederase ao corte da Ronda Muralla na súa confluencia coa Rúa Recatelo, permitindo o acceso a residentes e establecementos afectados da Rúa Vilalba. Un operario sinalista regulará e facilitará información aos usuarios de dita vía.

Cortarase a Rúa Carril dos Loureiros na súa confluencia coa Rúa Recatelo, permitindo o acceso a residentes e establecementos afectados da Rúa Carril dos Loureiros. Un operario sinalista regulará e facilitará información aos usuarios de dita vía.

Habilitarase na Rúa Carril dos Loureiros o dobre sentido de circulación para facilitar a entrada e saída de residentes e comerciantes afectados polo corte.

As liñas de bus urbano que realizan a súa parada na Rúa Vilalba, verán o seu percorrido afectado, trasladándose temporalmente dita parada á Rúa Anxo López Pérez e habilitarase unha parada na Avenida Ramón Ferreiro 14 xunto á oficina de expedición DNI.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo