" />

Corte de auga o xoves na estrada da Fonsagrada e nos núcleos de Barbaín e Castelo de Abaixo

O Concello de Lugo informa de que as obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade obrigarán a cortar o subministro na estrada da Fonsagrada e nos núcleos de Barbaín e Castelo de Abaixo o vindeiro xoves, 6 de agosto, dende as 9.00 e ata as 18.00 horas aproximadamente, aínda que de rematar antes os traballos o servizo será restablecido de inmediato.

O Concello pide desculpas aos cidadáns afectados polas molestias que lles ocasione este corte de auga, necesario para acometer as obras de mellora da rede de abastecemento da cidade, en concreto a construcción dun anillo hídrico na zona este, As Gándaras-estrada da Fonsagrada, que consiste na creación dunha nova condución de auga potable, que complete o anillo hídrico Marcelle-Ceao-As Gándaras, e que conecte coa rede existente nas Gándaras, estrada de Vegadeo, hospital e estrada da Fonsagrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo