" />

Cospedal reúnese en Lugo cos afiliados do PP para amosar as súas propostas de cara ás primarias

A candidata á presidencia do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, reuníuse esta mañá cos afiliados do partido en Lugo para amosarlles as propostas que presenta de cara ás primarias. A que fora Ministra de Defensa durante o goberno de Mariano Rajoy, quixo resaltar o “importante” legado do expresidente dentro do partido.
“Ese legado fixoo el e quen lle precedeu, pero dunha maneira moi imporante, el; durante máis dunha década: atopouse o PP no ano 2004 destrozado e tivemos que empezar a recuperar. E foi o primeiro, recuperar o partido. ¿Agora que temos que facer? Recuperar o partido de novo”, explicou a candidata.
Con esa intención, a de recuperación do partido, se presenta Cospedal ás primarias. Ganas de traballar e de demostrar cal é a verdadeira “fortaleza” do partido: a “unidade”. “Cando salgamos o 21 de xullo do noso congreso, temos que saír unidos, preparados, dispostos e con moral de victoria para gañar eleccións”, explicou María Dolores de Cospedal que aproveitou para resaltar que “no PP sabemos o que somos e non temos que transformarnos en ninguén”.
O seguinte paso a seguir no PP, segundo afirmou a candidata, é facer que “España nos volva a querer polo que facemos por eles e polo que este partido entrega sempre”, algo moi “importante” para Cospedal que uníu ás ganas de traballar porque “nos miren como un partido que non só sabe arreglar a economía e xestionar ben as cousas de todos os días, senón como un partido que ama España e defende aos españois”. Unhas afirmacións coas que non dubidou en destacar que a xente do partido “é honrada e honorable”.
Cospedal quixo, tamén, chamar a atención do actual presidente do Goberno, o socialista Pedro Sánchez, do que criticou que “lle regale a Pablo Iglesias TVE”. A popular lembroulle a Sánchez, dende Lugo que, Televisión Española “é a televisión de todos e se paga cos impostos de todos” e non serve, para a candidata, que Iglesias converta TVE “nun aparato de propaganda, de manipulación, de separatismo e de odio ao máis puro estilo dos marxistas de toda a vida”. Un feito que Cospedal calificou como “unha das cousas máis graves que se produciu en democracia”.
Pola súa parte, a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, que acompañou á candidata, agradeceu que se desprazase a Lugo para presentar o seu proxecto político. Destacou de Dolores de Cospedal que deu a cara polo partido en momentos moi difíciles, “tomando decisións nada fáciles”. Subliñou tamén a súa experiencia “en gañar eleccións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo