" />

Cospedal visita Mondoñedo e Ribadeo

A presidenta provincial do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con José Manuel Barreiro, acompañou hoxe á secretaria xeral do Partido Popular nacional, María Dolores de Cospedal, durante un paseo por Mondoñedo. Acompañados tamén polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e outras personalidades do partido.

A rexedora local fixo de anfitrioa e amosou, durante un percorrido polo casco histórico máis significativo, a beleza da que é a súa vila natal e algúns dos principais puntos de interese dunha vila que alberga un patrimonio monumental moi singular.

A ruta iniciouse na Alameda dos Remedios, e continuou pola avenida das San Lucas ata a praza do Concello. Desde esta zona baixaron á praza da Catedral.

Durante o paseo, Candia referiuse aos atractivos turísticos de Mondoñedo, berce de grandes escritores e músicos como Cunqueiro ou Pascual Veiga, entre outros. Destacou tamén o conxunto histórico-artístico e a Catedral Basílica como figura arquitectónica principal, recentemente recoñecida durante o proceso polo que os Camiños do Norte obtiveron a consideración de Patrimonio Mundial da Unesco. Tamén falaron sobre o pan da zona e tiveron a oportunidade de probar a tarta de Mondoñedo, un dos produtos locais máis afamados da vila luguesa.

Candia convidou a Cospedal a regresar á localidade para visitar outros lugares de interese paisaxístico como as Covas do Rei Cintolo que, en palabras de Candia, son “un verdadeiro viaxe ao centro da terra”.

Finalmente a rexedora agradeceu á secretaria e ao presidente da Xunta o seu interese por Lugo e, en particular, por Mondoñedo, pois foi unha petición expresa de ambos aproveitando a súa visita a A Mariña.

Deseguido os lideres populares trasladáronse ata Ribadeo, onde fixeron unha visita á vila e posteriormente reunironse con militantes e simpatizantes do seu partido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo