" />

Cristina Pérez anima as últimas horas de campaña con dous vídeos nos que chama a apoiar a En Marea

Pinga a pinga faise Marea e Pasa o recado son as dúas ideas que nas últimas horas lanzou o equipo de comunicación de Cristina Pérez, cabeza de lista de En Marea ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo. Dous vídeos filmados coa axuda de persoas que participan en En Marea e lanzados nas redes sociais que fan fincapé na importancia de sumar, voto a voto, para dotar a Lugo dunha representación forte e implicada coa maioría social da provincia, e na necesidade de espallar esta mensaxe para que o domingo “todas as persoas saiban que poden escoller En Marea para que as cousas melloren”, sinalou Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo