Cs considera que a nova RPT está deseñada para “enmendar erros do pasado”

O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal, analizou esta mañá o borrador da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) presentada polo Grupo de Goberno. Vidal amosou a súa satisfacción pola chegada dun “esperadísimo” documento, que sen embargo chega “tarde, mal e a rastro”. Ademais o edil da formación laranxa lamentou a pouca ambición mostrada polo goberno e asegurou que a nova RPT dificilmente poderá solucionar a “lamentable xestión” levada a cabo en materia de persoal polo PSOE no Concello de Lugo ao longo dos últimos anos. “É unha proposta necesaria, pero non é a mellor proposta posible”, dixo. Mostra diso é a ausencia dun Plan de Emprego efectivo que permita aos traballadores subir de categoria.

“Estamos decepcionados. Non deseña unha estrutura que adapte o organigrama do Concello ás necesidades actuais e carece de visión de futuro. Trátase dun documento que pretende satisfacer ás partes negociadoras pero que se esquece de asumir os retos do Concello de Lugo. Está deseñada para tapar os erros do pasado pero non aporta solucións ao déficit estructral do Concello”, sinalou Vidal.

Neste sentido, Vidal puxo o foco en servizos como o de Licenzas, un dos que máis demora e atrasos acumula, con esperas que superan o ano e medio de media, e que pasa só das 9 prazas actuais a 10. “Será dificil desconxestionar este servizo coa actual proposta”, asegurou Vidal. O mesmos sucede con outros servizos estratéxicos como son os de Facenda Local e Inspección Tributaria que na nova proposta presentan un inexplicable recorte de persoal.  Este último pasa de 5 a 3 traballadores respecto de anteriores propostas.

Outro dos servizos municipais que “en maior precariedade leva á cabo o seu labor” é o Servizo Municipal de Augas, cuxos problemas levan tempo repercutindo sobre a calidade do servizo que se presta aos veciños. Malia os informes remitidos desde esta área aos responsabéis políticos enumerando as súas carencias en persoal o Goberno local non aumenta “nin un só posto” a maiores para este departamento. Existe unha reorganización do servizo que se fusiona con parte da brigada de Medio Ambiente pero non máis traballadores. “É unha mostra máis de que será unha RPT ineficaz”, dixo.

Outro dos aspectos que Cs considera “máis cuestionables” da nova proposta afecta aos traballadores da Banda Municipal de Música e ao seu labor docente previsto no contexto da Escola de Música, un servizo que conta cunha gran demanda social. “Non entendemos como músicos que van levar a cabo un labor docente poden estar cunha categoria C2 e que ademais non se prevexa ningún Plan de Emprego para lograr unha subida de categoría. “Este aspecto presenta moitísimas lagoas, xera descontento e evidencia as carencias da proposta do grupo de Goberno”, concluíu Vidal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com