Cs denuncia 30 anos de incumprimento da concesionaria dos aparcadoiros municipais

A portavoz de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, que destapou onte que o tamaño das prazas dos aparcadoiros municipais non cumpre co estipulado no contrato de concesión, considerou esta mañá “incomprensible que a empresa concesionaria estivese tangando aos lucenses durante tres décadas sen que ningún dos alcaldes do PP e do PSOE que pasaron polo cargo neste tempo fixese nada para defender o interese público”.

Olga Louzao preguntouse “como é posible que cando se inauguraron os tres aparcadoiros en 1986, sendo alcalde Vicente Quiroga, o Concello non comprobara que as dimensións das prazas eran as establecidas no contrato, nin que os alcaldes posteriores, Joaquín García Díez e José Clemente López Orozco, vixiaran que o servizo que se estaba a prestar aos cidadáns era o correcto cando anualmente autorizaban a suba de tarifas”. Neste sentido, a portavoz de Cidadáns explicou que no ano 2002, Orozco acordou coa empresa unha suba de golpe do 9% nas tarifas dos tres aparcadoiros municipais por unha serie de reparacións que fixo a empresa nas instalacións e criticou “que non lle esixira a cambio que as dimensións das prazas cumpriran co legalmente establecido”.

Olga Louzao considera que “o reducido tamaño das prazas dos aparcadoiros municipais é unha queixa constante desde hai anos por parte dos usuarios e podía estar solucionado hai tempo que os responsables municipais tiveran tomado cartas no asunto“. Explicou que “os 10 centímetros por praza que a empresa timou aos lucenses durante estes 32 anos supón que a concesionaria estivo explotando gratuitamente 30 prazas durante tres décadas co beneplácito dos responsables municipais”.

Por iso, a portavoz de Cidadáns esixiulle á alcaldesa “que adopte as medidas necesarias ante o incumprimento claro e reiterado do contrato por parte da empresa adxudicataria da concesión dos tres aparcadoiros de titularidade municipal (Santo Domingo, Praza da Constitución e Praza de Ferrol)”. Neste sentido, Olga Louzao argumentou que “con este incumprimento a empresa fixo padecer aos usuarios as incomodidades dunhas prazas ridículas, ademais de dispoñer de 1.000 prazas de máis desde o inicio da concesión”. A voceira de Cidadáns explicou que esas 1.000 prazas que disfrutou a empresa totalmente de balde equivalen á merma durante 6 anos das 171 prazas que teóricamente perdería a empresa coa transformación de tres prazas en dúas proposta polo Concello. A actual concesión remata en 2035, polo que aínda lle quedan 17 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo