" />

Cs denuncia que os colectores soterrados de Quiroga Ballesteros leven 40 días precintados

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá que os colectores soterrados da rúa Quiroga Ballesteros levan precintados desde o pasado mes de decembro. “Trátase dunha demostración máis do descontrol do Goberno local en relación ao servizo de recollida de lixo. Hoxe falamos de Quiroga Ballesteros, onde o servizo, ademais de mal dimensionado, atópase cos colectores inoperativos desde fai máis de 40 días, pero poderiamos falar doutros 100 puntos localizados ao longo e ancho de todo o municipio onde o lixo termina nas beirarrúas por falta de contedores”, asegurou a concelleira.

Louzao denunciou que a falta de colectores no tramo final desta rúa obriga a que moitos veciños depositen os seus residuos na beirarrúa e isto está xerando episodios de mal cheiro, o que esperta queixas entre os residentes e transeúntes. “Instalaron encima da beirarrúa tres colectores de urxencia, pero son claramente insuficientes, ademais nin sequera os clasificaron por cores, polo que o proceso de reciclaxe queda totalmente inhabilitado neste punto2, aseguro a edil da formación laranxa.

“O servizo de recollida de lixo é moi deficiente na nosa cidade. Pero non se debe a un problema concreto ao que non se soubo dar resposta en tempo e forma por parte do Goberno local, como este de Quiroga Ballesteros, trátase dun problema de fondo moito máis preocupantes como é que o servizo estase realizando en precario desde 31 de marzo de 2017 cando caducou o último contrato”, denunciou Louzao.

O maior contrato municipal, caducado desde 2017

“Trátase do contrato de maior importe de todos cantos ten o Concello, supón un custo para as arcas públicas de 7,2 millóns de euros anuais. Non podemos continuar cun servizo caducado desde fai case tres anos”, sinalou Louzao, quen instou ao Goberno local a sacar urxentemente a contratación do servizo de recollida de lixo. “O servizo de recolida de lixo non se adapta á realidade do noso municipio en pleno século XXI. Trátase dun servizo adaptado á realidade de 1996, cando se rubricou o contrato con Urbaser. O Concello debe actuar coa máxima urxencia neste tema”, rematou a edil da formación laranxa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 20, 2020 - 02:35 PM

    Pois Olga esta muy ben denunciar. Pero aporta lles ideas e solucionado o problema

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo