Cs revela que a alcaldesa só investiu no ano pasado 27 euros por habitante

O balance contable do ano 2017, do que se dará conta no Pleno da vindeira semana, revela un baixísimo nivel de execución do Orzamento Municipal de 2017, o que, a xuízo da portavoz de Cidadáns no Concello, Olga Louzao, “pon de manifesto a parálise deste Goberno”.

Como exemplo da “ineficacia” da alcaldesa e o seu equipo, a voceira de Cidadáns indicou que “Lara Méndez deixou sen gastar 12,6 millóns de euros o ano pasado e só destinou a investimentos 2,6 millóns de euros, unha cifra absolutamente ridícula, máis propia dun pequeno concello de 3.000 habitantes que dunha capital de provincia de 98.000”. Facendo números, dixo, “toca un investimento total de 27 euros por habitante o ano pasado na cidade de Lugo, unha cantidade ínfima que explica o estado lamentable no que se atopan as rúas, parques e demais infraestruturas e espazos públicos de Lugo”, afirmou Olga Louzao.

A voceira de Cidadáns, que calificou de “desastre” a xestión económica do Goberno socialista, considerou “inconcebible” que “sobrando 12 millóns e medio de euros haxa pendentes de pagar neste momento 9.000 facturas por case esa mesma cantidade, 11,5 millóns de euros”. Olga Louzaodixo que a situación amosa “un problema de xestión evidente”.

Segundo os datos do peche do exercicio económico do 2017, o Concello de Lugo tarda en pagar as facturas dous meses e medio cando a lei establece que deben ser abonadas no prazo de 30 días, o que supón que “traballar para o Concello de Lugo non sexa atractivo para moitas empresas e autónomos da nosa cidade”, afirmou a voceira de Ciudadanos.

Asimesmo, Olga Louzao asegurou que “a nefasta xestión económica deste Goberno leva ao abismo máis absoluto ao Concello de Lugo”.”Levamos tres anos escoitando as mesmas excusas de mal pagador deste Goberno e desta alcaldesa, sen que sexan capaces de poñerlle remedio á situación, que non fai máis que empeorar día a día”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com