Cs tilda de “decepcionantes” os orzamentos de 2020

A voceira municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, realizou esta mañá un balance do documento dos orzamentos remitidos aos grupos municipais. “É unha proposta decepcionante. Moitas das necesidades da cidade e das zonas rurais non poderán ser solucionadas con estas contas. O capítulo de investimentos ascende a 10 millóns, a mesma cifra da modificación de crédito que se aprobou fai unha semanas. A todas luces insuficiente. Hai menos investimento que no 2018”, sinalou Louzao.

A portavoz de Cs censurou que a alcaldesa fale de aspectos como renovación urbana, transición enerxética e mobilidade sostible. “É puro marketing. O 11% do capítulo de investimentos destínase a renovar tuberías. Non se pode dicir que sexan unhas contas para traballar pola renovación urbana e a transición enerxética como asegura a alcaldesa. Son unhas contas deseñadas para paliar o déficit histórico de mantemento de servizos que o municipio arrastra pola súa falta de xestión durante os últimos 4 anos. Outra mostra diso son os 500.000 euros destinados a pavimentaciones. Exclusivamente mantemento, pouca innovación”, sinalou.

“Existe un déficit de investimento alarmante nos barrios da cidade. O equipo de goberno destina só 300.000 euros para melloras en barrios. Dito importe divídese de forma salomónica entre a zona norte e a zona sur sen contemplar que as necesidades son distintas e os investimentos non poden ser iguais”, dixo. “Ademais falta concreción por parte do Goberno. Só as actuacións necesarias en rúa Angelo Colocci, ou na rúa dos Gardas con Dona Urraca cómese os 150.000 euros destinados á zona norte”, concluíu.

“Ademais hai zonas esquecidas que continuarán esquecidas. É o caso de Ronda das Fontiñas, nun estado deplorable e cun problema severo de circulación do tráfico. Tamén se esqueceron dun dos primeiros acordos desta lexislatura como é a uniderccionalidade da avenida da Coruña e a súa necesaria humanización”, apunto a edil. “Non se contempla nin unha soa partida para solucionar un dos principais problemas que ten a nosa cidade. Que ten pensado facer o goberno co Garañón? Non se consigna nin un só euro a revertir a situación actual”, sinalou a portavoz da formación laranxa.

Para rematar Louzao censurou a falta total de dialogo mostrada por parte do PSOE á hora de deseñar estes orzamentos para o próximo exercicio. “Lamentamos que a alcaldesa e o seu equipo ignoren as propostas das forzas políticas da oposición, que representan a miles de lucenses. Se evidencia unha vez máis a ausencia de talante político e a falta de vontade por xerar un ambiente de traballo positivo para a cidade”, sinalou.

“Aínda que o PSOE queira tapar a incompetencia mostrada ao longo dos últimos catro anos aludindo a que vivimos ‘novos tempos’, todo continúa igual que no pasado. Non fomos contactados por ninguén do seu gabinete para, nin sequera, escoitar as nosas propostas”, afirmou Louzao, quen con todo destacou a disposición de traballo mostrada polo BNG nas súas áreas. “Fai dúas semanas remitimos a Arroxo un documento onde sinalamos as actuacións que consideramos de máxima urxencia para a cidade. Trátase de investimentos totalmente presumibles e sobre necesidades manifestas que non admiten ningún tipo de discusión. Lamentamos que case todas foran ignoradas”, sentenciou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 23, 2019 - 02:17 PM

    Pois renovar as tuberías tamén é necesario e importante, por ela ven un elemento vital para a vida. A AUGUA

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com