" />

O socialista Darío Campos elixido novo Presidente da Deputación de Lugo

O candidato do PSOE e alcade de A Pontenova, Darío Campos, converteuse esta mañá en novo Presidente Provincial logo da moción de censura presentada polos socialistas e o BNG contra a popular Elena Candia. A Alcaldesa de Mondoñedo accedeu á presidencia do ente provincial despois de que o deputado socialista e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, non votara ao candidato que en última instancia decidira o partido, que non era outro que o elexido hoxe. Esto facilitou a elección da candidata popular por pertencer ésta á lista máis votada. A favor da moción de censura votaron os once deputados do PSOE e os dous do BNG.

Durante o pleno sucedéronse as intervencións dos deputados dos tres partidos políticos que conforman a Corporación Provincial. O primeiro deles, como non podía ser doutro xeito, foi o candidato á Presidencia, Darío Campos, que fixo un relato explicativo do que aconteceu dende o 24 de maio, “no que os lucenses refrendaron maioritariamente ao Goberno dos últimos oito anos na Deputación de Lugo. Socialistas e nacionalistas superamos en 13.000 votos ao Partido Popular”.

Referíuse asemade ao acontecido o 25 de xuño, día da toma de posesión da nova corporación provincial, na que aconteceu o que segundo dixo “nunca debeu acontecer, deixar caer en mans dos populares o goberno da Deputación de Lugo”. Cabe lembrar que o candidato socialista refrendado mediante votación dos deputados que conforman os oito partidos xudiciais da provincia, foi Manuel Martínez, daquelas voceiro do goberno socialista durante oito anos e responsable de Vías e Servizos. Unha imputación por un delito administrativo días antes da conformación do novo goberno provincial recaeu en Martínez, e o BNG cerróuse en banda á hora de apoialo para que fora o presidente, aínda que en concellos como o de Vimianzo, sucedeu algo moi semellante (o alcalde nacionalista tamén estaba imputado), pero o BNG sí que neste caso non retirou o seu apoio ao rexedor.

Deste xeito a Deputación pasou a ser dos populares. Logo de tres meses de duras negociacións entre PSOE, BNG, e Manuel Martínez a título individual, hoxe conseguiron levar a cabo a moción de censura contra a xa ex-presidenta popular Elena Candia.

No seu turno de intervención, Candia defendeu a boa xestión do seu goberno estes tres meses, recalcando que pese a todo, o PP foi a forza máis votada. “Fixemos un traballo rigoroso e serio, aínda que non foi fácil xa que nos  atopamos con grandes erros de xestión do anterior goberno bipartito. O éxito non da ni quita razóns. PSOE e BNG puxeron por diante os seus intereses particulares en reunións pechadas en despachos e cafeterías. Nós demos sempre a cara, os veciños atoparon en nós un goberno receptivo a toda a veciñanza, sen importar as cores políticas”.

Pola súa banda, o nacionalista Antonio Veiga, recriminóulle ao goberno de Candia o “agocharse diante das políticas de recortes en Sanidade ou Educación dos gobernos central e autonómico. Nós apostamos decididamente por unha política de limitación de competencias da Deputación cara aos concellos da provincia”.

Por último, tocoulle o turno ao popular Juan Carlos Armesto, que comezou a súa intervención agradecéndolle a Candia o seu esforzo e dedicación. Tamén criticou duramente os pactos dos que cualificou como “suma de perdedores”, e chamoulle a este proceso “a moción da vergoña”. Referíuse tamén a Martínez directamente, ao que lle preguntou “qué queda da súa dignidade, do seu honor? Qué lle prometeron a cambio de apoiar a este candidado? Primeiro foi Orozco, logo Santín e vostede por dúas veces foi vendido polo seu partido. Adiós Sr. Martínez, pasou de heroe a villano”. Tamén tivo palabras para os nacionalistas. “O PSOE saca rédito do seus apoios, pero vostedes cada vez perden máis votos en favor das Mareas, estades desaparecendo”, concluíu Armesto, na intervención máis dura das que aconteceron hoxe no Pleno de Moción de Censura.

Xa pola tarde, o novo Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, asinou un decreto no que nombrou ao nacionalista Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo e sinalou que Manuel Martínez terá un cargo na Deputación que probablemente se saberá no Pleno de Organización.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo