Darío Campos e Lara Méndez acenden o alumeado do Rato

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, xunto a un cento de veciños, acenderon esta tarde o alumeado no Paseo Fluvial do Río Rato e a estrada LU-P-2925. Este proxecto contou cun investimento de 750.000 euros do Executivo Provincial. Campos Conde adiantou que a Deputación está a piques de rematar o proxecto de dotación dun carril-bici e tamén estuda a creación dunha nova área recreativa na zona.

A Deputación actuou nun treito de 7 quilómetros, entre a Avenida de Madrid e o parque do Sagrado Corazón, no que se situaron 283 puntos de luz ecolóxicos (LED). Son 103 luminarias na estrada e 147 no paseo fluvial, dos que 3 son proxectores para o túnel que hai debaixo da rotonda que comunica con dito parque. A intensidade dos puntos de luz oscila entre os 179 vatios e os 12,5, tendo en conta a súa ubicación para respectar o medio ambiente. Tamén para reducir o impacto ambiental, hai 252 farolas de color neutro. A distancia entre as mesmas é de 25 metros no paseo e de 30 na estrada. As do paseo teñen 1 punto de luz e nalgunha da estrada dobre luminaria.

Dotouse a zona duns 20.000 metros de cableado de aluminio e non de cobre. Hai un sistema informático, cuxas probas de funcionamento se farán primeiro dende a Axencia Provincial da Enerxía, pero logo terá que ser xestionado no Concello de Lugo, para regular a intensidade luminosa, aforrar custos ao poder adaptar a luz ás condicións climatolóxicas, e garantir a luminosidade. Nunha pantalla o municipio lugués poderá controlar o correcto  funcionamento de cada un dos 283 puntos de luz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com